Saltar ao contido

  • A revista
    • Números en papel 2022
    • Números en papel 2023
    • No Sermos Galiza 2024
    • No Sermos Galiza 2025
  • Recensións
  • A fondo
  • Axenda
  • Actualidade
Actualidade

Kalte Sonne publica o videoclip de “Twory-F”, o segundo do seu novo álbum Laniakea Communique

Kalte Sonne vén de publicar o segundo videoclip de presentación do seu novo álbum Laniakea Communique, correspodente ao cuarto tema do mesmo, “Twory-F”. No mes de marzo, xunto co lanzamento do disco, presentaban o vídeo de “Anarres”, tema no que o grupo conta coa colaboración de Abraham Cupeiro. Nesta ocasión trátase do corte máis longo do traballo, un tema de 18 minutos conceptualmente ligado, sinalan dende a banda, “ós intrincados labirintos psicolóxicos” da célebre novela do escritor polaco Stanislaw Lem Solaris. Esta obra é ben coñecida tamén pola adaptación cinematográfica da mesma levada a cabo polo soviético Andrei Tarkovsky en 1972.

A canción “camiña entre ambientes post-rockeiros e pasaxes de riffs con sabor metálico”, afirman dende Kalte Sonne. Precisamente, o trío lucense é coñecido polo seu estilo post metal, ao que incorporan influencias doutros estilos como pode ser o post-black. O videoclip, que toma como base unha actuación da banda nas festas patronais da súa cidade, Lugo, xa se pode ver na canle de Youtube do grupo.

Laniakea Communique foi gravado por Iván Ferro nos seus estudios Kollapse, tamén en Lugo. É o primeiro traballo lanzado pola banda dende 2019, e o primeiro tamén dende o seu regreso aos escenarios no pasado ano 2023. O álbum foi lanzado o pasado día 1 de marzo, e toma o seu nome do termo hawaiano laniakea; significa «ceos inconmesurables» e é como se denomina ó supercúmulo de galaxias no que se atopa a Vía Láctea.

https://youtube.com/watch?v=j0NFN0Yhv4A%3Fsi%3D8u75mBKy3T6nPxFZ

Compartir:

  • Fai clic para compartir en X (Se abre en una ventana nueva) X
  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva) Facebook
Gústame Cargando...

Relacionado

16 de Maio, 202416 de Maio, 2024 RedacciónAnarres,Black metal,Kalte Sonne,Laniakea Communique,Lugo,Post black metal,Post metal,Post rock,Post-black metal,Post-metal,Twory-F

Navegación de artigos

Anterior Artigo anterior: O festival de metal Arcanxo anuncia o seu cartaz por días
Seguinte Artigo seguinte: O Caudal Fest de Lugo ten xa o seu cartaz definitivo por días
  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • TikTok
  • YouTube
Create a website or blog at WordPress.com
  • Reblog
  • Subscrición Subscrito
    • roucoson.com
    • Already have a WordPress.com account? Log in now.
    • roucoson.com
    • Subscrición Subscrito
    • Rexistro
    • Iniciar sesión
    • Copy shortlink
    • Report this content
    • View post in Reader
    • Administrar as subscricións
    • Collapse this bar
%d