«Cuervos», adianto do novo álbum de The Skarnivals

«Cuervos» é o novo sinxelo de adianto do que será o próximo traballo de estudo da banda do Morrazo The Skarnivals. Latexos, que será presentado o próximo xaneiro de 2023, foi gravado nos estudios Estereoarte de Vigo con Javier Abreu como produtor. Este será o 4º traballo de estudio da banda; un disco cargado de forza e enerxías renovadas co que comeza unha nova etapa.

O novo proxecto está composto por nove temas, entre os cales se atopa o xa presentado «Do Revés». Nove «latexos» que fusionan diferentes estilos, pero que seguen a estela do ska punk e o punk folk que os caracteriza. Skarnivals volve así á carga con máis ganas que nunca e cun disco que, en palabras da súa promotora Galunk Producións, «amosa sua madurez musical e compositiva, non deixará a ninguén indiferente».

«Cuervos», o novo adianto, é un tema cunha letra que pon o foco de atención, en palabras de Galunk Producións, «nas crises mundiais, no capitalismo e nos mecanismos para manter o status dos privilexiados fronte á clase obreira»; e en «como volven unha vez e outra, e repítense ao longo da historia, alentados e colleitos da man, a extrema dereita e os grupos fascistas, que tentan volver reprimir e empobrecer a pobos de todo o mundo». O tema destaca tamén «a importancia da memoria histórica», xa que «un pobo que esquece e non lembra a súa historia está condenado a repetila». Videoclip grabado e dirixido por Alberto Lora de Galunk Producións e Nukka Estudios.

A banda xa ten preparada a xira de presentación do novo traballo, por salas na primavera de 2023. Estas son as primeiras datas confirmadas, cuxas entradas están xa dispoñibles en na web de Entradium: Bueu, na Sala Aturuxo, o 4 de febreiro; A Coruña, na Sala Filomatic, o 11 de febrero; Ourense, no Auriense, o 25 de marzo; e Compostela, na Sala Moon, o 20 de maio.