Por Patty Castro.
A pandemia que pasamos trouxo moitos cambios na nosa vida, e para os grupos de música o parón dos eventos impediulles durante moito tempo reunirse co público como antes e poder seguir avanzando nos seus traballos no eido musical. Mais, desta volta, quero presentarvos a un grupo que xurdiu, coma moitos outros, a raíz de poder do tempo extra para plasmar a súas inquedanzas musicais que o confinamento supuxo. As irmás ferroláns Paula Díaz, baixista, e Monste Díaz, guitarrista comezaron dar forma nesa época só que grazas a participación das outras dúas compoñentes, a baterista Lucía Espiño e a vocalista e guitarrista Ana Rojas, pasaría a ser Distance Sisters. Un grupo que nace en Ourense cunha clara intención, a de romper con estereotipos preestablecidos musical e socialmente, para poder sacar adiante un proxecto que faga de terapia musical para elas e para os que queiramos compartir o seu bo facer e bo entender.
Monste e máis súa irmá Lucía sempre fixeron as súas cousiñas e sempre que puideron tocaron xuntas sacando adiante os seus propios temas. Mais ocurriu que na escola de música onde ían coñeceron á asturiana Ana Rojas, caeronse xenial dende o primeiro momento e pensaron en facer algo xuntas, mais veu a pandemia e tiveron que buscar unha solución. Asi que comezaron gravar por pura superviviencia. Despois do encerro pandémico comezaron chamalas para bolos e puxéronse en contacto coa batera Lucía, unha ourensana que conectou dende o primeiro momento con elas. E así foron xuntando as pezas do crebacabezas, sen moito problema e agobio como din elas, de forma natural.

Ó principio, esta banda ourensá facía máis versións, pero comezaron compoñer e sacar temas propios nos que puideron expresar as problemáticas que comparten todas, e reivindicar o empoderamento femenino dentro da industria musical, ou, ás veces, como di Montse, dar unha patada e romper con todo. Hai poucos grupos de mulleres en activo que fagan rock no panorama galego; elas danse conta, pois a elas mesmas faltábanlles referencias femeninas neste estilo tanto nas voces como nos intrumentos. Cando estas a comezar nun grupo, como cando escoitas música en xeral, é algo ben importante verte recoñecida e identificarte co estilo que che gusta.
Na actualidade están a gravar os seus temas con David Quintas de estudios Xilgaro en Ourense, onde tamén ensaian, e xa teñen ganas de presentalos en directo. Esta banda síntese cómoda coas etiquetas de rock e blues, e buscan reflectir o poder curativo, fortalecedor e empoderante da música. Pois elas, como contaba ao principio, utilízana case como terapia, pois é unha liberación, un punto de encontro das súas inquietudes e forza para o seu día a día.
Unhas mulleres bravas que buscan facerse un oco con seu blues rock de voz desgarrada e que mete as súas raices en Larkin Poe ou na gran Ana Popovic, grandes referentes para elas como instrumentistas e vocalistas. Unhas músicas que buscan pelexar por apoiar a outras iguais e berrar ben alto que está ben loitar polo que queres. Que ter tempo para poder sacar uns temas co teu grupo e saír tocar ten que poder ser igual de compatibilizable sexas muller ou home. Cabe mencionar o primeiro tema orixinal lanzado pola banda, “Break it down”, que nos leva a unha viaxe por ese ese pais do blues rock que fai as delicias para as nosa orellas. Estaremos moi atentas ao que están desenvolvendo e desexámoslles unha longa vida a estas irmáns na distancia e na música.