WOS Festival pecha con éxito a súa sexta edición

2.922 persoas asistiron a un festival cunha programación centrada na música de creación contemporánea, no que foi o regreso do WOS ao seu formato habitual. En total, 25 proyectos sonoros e audiovisuais, ademais de cinema e actividades en torno ao pensamiento e o debate, desenvolvidas en doce localizacións de alto valor patrimonial en Compostela. No Teatro Principal se pudieron ver os concertos audiovisuais de algúns dos mellores expoñentes da música máis vangardista, como o concerto inaugural do evento, levado a cabo polo referente do witch house Holy Other con visuais do portugués Pedro Maia. O espazo tamén acolleu a estrea mundial de ATAARPHONOAK, o concierto audiovisual que nace da unión de Rafael Anton Irisarri e Florence To; LIMEN, a rotunda mostra do alquimista sonoro francés Aho Ssan e o productor keniata KMRU; e o peche do festival con FOG, un concerto a cargo da artista neerlandesa-italiana Grand River con visuais do italiano Marco Ciceri.

Unha das grandes novidades desta edición foi a volta da programación de clubbing, que se celebrou nas salas Malatesta e Capitol. O venres puidemos desfrutar das sesións de tunecina Azu Tiwaline, de Tunisia, e mad miran, dos Países Baixos. Ao día seguinte, colleron o testemuño Aquarian, co seu concierto audiovisual Ouroboros, e upsammy. Nestes mesmos lugares tiveron lugar destacados concertos desta edición, como o da inglesa aya, que contou con visuais de Sweatmother, Blackhaine, Prison Religion ou un exclusivo concerto onde se xuntaron os artistas novaiorquinos Rafael Anton Irisarri e Rachika Nayar.

A propia Rachika Nayar despedía a programación da Fundación SGAE, que como é habitual acolleu algungas das propostas máis singulares do festival. Ademais da estadounidense, puidemos desfrutar dos conciertos audiovisuais dos galegos Death Whistle e de Artur M. Puga, que presentou por primeira vez o seu concerto audiovisual xunto ao catalán Shoeg. Tivemos tamén a oportunidade de presenciar o concerto do acordeonista polaco Zbigniew Chojnacki, coa súa particular proposta en torno á improvisación.

Un dos momentos máis emocionantes de todo o festival foi a presentación, por primeira vez en España, do novo disco da italiana Caterina Barbieri, Spirit Exit, que deleitou a todo o Auditorio Abanca na tarde do sábado. A referente post-minimalista actuou a mesma tarde que o fixeron a noruego-mexicana Carmen Villain e o británico Coby Sey na Fundación Eugenio Granell.

Na Igrexa de Santo Domingo de Bonaval, Pan-American presentou a súa particular mestura de ambient e guitarras. Por outro lado, na Igrexa da Universidade tiveron lugar os conciertos de Ulla Straus e de Sofie Birch, que contou coa colaboración da referente do jazz experimental Nana Pi.

A programación do WOS Festival para o sábado pola tarde saíu dos interiores dos teatros, igrexas e auditorios para regalar á cidade de Compostela unha tarde de música no Parque de Bonaval, con algungas das propostas galegas máis prometedoras da música contemporánea. crnds, coa particular mestura entre folclore e música electrónica que practica, a DJ compostelá afincada en Berlín Alicia Carrera, e os irmáns vigueses Yugen Kala impresionaron coas súas actuacións ao aire libre.

En relación á programación de cinema, este ano puideron verse en NUMAX tres interesantes propostas: A Symphony of Noise. Matthew Herbert’s Revolution, unha viaxe pola mente e a obra do revolucionario músico e compositor británico; Éliane Radigue – Échos, unha visita no medio da pandemia á pionera da música electrónica Éliane Radigue; e O Gemer, un documental sobre o son dos carros de bois vascos.

Precisamente a partir da película xurde unha das actividades do programa de conferencias. En El Gemir de un carro, o director Xabier Erkizia falou sobre a importancia antropolóxica do estudo dos sons. Pola súa parte, Cora Novoa e Rafael Anton Irisarri mantiveron un interesante diálogo sobre a creación musical. Ademais, Alex Nikolov, Andrea Lamount, o colectivo Karne Kulture, Patricia M. Val, Mounqup e Yugen Kala participaron na mesa redonda Tras el Gran Reinicio, onde se debatiu e reflexionou sobre o impacto da pandemia, a tecnoloxía e os problemas sistémicos que ten a nosa sociedade.

A organización do WOS Festival agradeceu tras finalizar o evento a gran acogida do mesmo un año máis na cidade á comunidad artística, público, patrocinadores e colaboradores e medios de comunicación. O festival está organizado pola produtora compostelá WORK ON SUNDAY. O evento contou con apoio de SON Estrella Galicia, o Concello de Santiago de Compostela, a Diputación Provincial da Coruña, a Xunta de Galicia a través de Xacobeo 21-22, e AGADIC, ademais doutras institucións e axentes culturais que operan na cidade.