Arxis Ensemble inaugura o Festival RESIS da Coruña

O Festival RESIS de Música Contemporánea e Artes Vivas celebra entre o 13 de abril e o 6 de maio a súa sexta edición, e o pistoletazo de salida será no restaurante Árbore de Vieira. Será da man da formación galega de música contemporánea Arxis Ensemble, cun programa composto de tres obras creadas, todas elas, por mulleres.

Arxis Ensemble comezou a súa actividade en 2022, e xa son unha das formacións máis destacadas na música contemporánea galega. A agrupación centra a súa actividade no traballo man a man con compositoras e compositores do noso tempo, así como en intercambios nacionais e internacionais para situar a Galicia como un focos da arte de vangarda. Nas súas interpretacións podemos escoitar a música académica máis experimental, na que tampouco faltan elementos propios da música electrónica ou do jazz fusion, incorporando todo tipo de instrumentación, incluíndo a batería ou instrumentos eléctricos.

Arxis Ensemble na pasada edición do festival

Ao ser o RESIS é un festival que mestura todo tipo de expresións artísticas, a gastronomía terá esta vez un oco especial na primeira súa xornada. Non pode ser doutro xeito, xa que se celebra en Árbore de Vieira, o restaurante do chef con Estrela Michelín Álvaro Vieira. Ao rematar o concerto, o público poderá degustar un cóctel servido polo propio chef.

No relativo á música, o programa do xoves constará de tres obras, comezando ás 20:00 da tarde. A primeira delas en ser interpretada será Dust: bass storm, de Rebecca Saunders, a cargo do perscusionista de Arxis Ensemble, Noè Rodrigo Gisbert. A continuación será a quenda de Latitudes. A súa compositora, Sara Glojanaric, presenta por primeira vez esta obra en España, da man da pianista solista Magdalena Cerezo Facales, de Arxis Ensemble. O concerto rematará cunha improvisación sobre Grapefuit book, o mítico libro de 1964 de Yoko Ono, en clara referencia á inminente celebración do Día do Libro.

O sábado 15, xa na Sala de Exposición de Palexco, Arxis Ensemble será de novo a agrupación encargada da programación, esta vez baixo a batuta do célebre directo Nacho de Paz. O ovetense, moi recoñecido pola súa especial adicación á música dos séculos XX e XXI, dirixirá á formación galega mentres interpretan pezas de Beat Furrer, Alberto Posadas, Claudia Cañamero ou Hugo Gómez-Chao. Estas incluirán unha estrea estatal, unha preestrea e mesmo unha estrea absoluta, a da obra de Gómez-Chao “Libro delle Immagini V”. O coruñés, que ostenta actualmente o posto de compositor residente na Real Academia de España en Roma, é un dos impulsores do festival dente a súa creación.

O festival organizado pola Asociación Cultural AÏS contará ao longo de toda a súa programación cos directores e intérpretes máis prestixiosos do mundo. Nos 9 concertos que conforman a edición deste ano inclúense 5 estreas absolutas e 2 instalacións sonoras. A súa programación repartirase entre os principais centros de arte da cidade. Ademais dos xa mencionados, haberá concertos na Fundación Luis Seoane, no Museo de Belas Artes, na Casa Museo Casares Quiroga, na Domus, no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía Muncyt, no Rosalía de Castro e no Teatro Colón. Este ano, ademais, o RESIS únese á celebración del Ano Picasso co concerto Pierrot Lunaire de Arnold Schoenberg. Tamén celebrará o centenario do compositor György Ligeti.

As entradas para os distintos concertos e actividades serán totalmente gratuítas ata completar aforo. Porén, no case destes eventos, e doutros máis, será necesario reservar as entradas, sen custo, en ataquilla.com, ou recollelas presencialmente no kiosco da praza de Ourense.